O Concello de O Rosal celebra o Día Internacional do Medio Ambiente con diferentes actividades. A primeira delas é o reparto de bolsas de tea no supermercado do Calvario e na Praza de Abastos, para sustituir ás bolsas de plástico que tantos perxuizos ocasionan na natureza. A consigna da ONU para este ano 2018 é “Un planeta sen contaminación por plásticos”, polo que entre todos podemos colaborar neste sentido evitando o consumo excesivo deste material.

Outra actividade é a exposición As Nosas Senlleiras, que pretende amosar a riqueza e tesouro natural de árbores consideradas «reliquias botánicas» situadas en distintos lugares da xeografía galega, a gran maioría na provincia de Pontevedra. A exposición estará aberta ata o día 10 de xuño en horario de 10.00-14.00 horas e pola tarde de 17.00-20.00 horas no salón de exposicións do Concello.

Como broche de ouro desta actividade, os nenos de primaria de Pías, Fornelos e Novás puideron gozar co contacontos Verbas do Monte, no que Anxo Moure coa súa «Tenda das palabras» e acompañado por Servando Barreiro (coa súa concertina), falou da importancia de protexer os nosos bosques, poñendo máximo coidado nas  árbores autóctonas.

Xa por último e como peche da semana, o xoves día 7 farase un reparto de 38 composteiros. Amaís, no salón de exposicións, ás 20.00 horas, será a charla e posterior entrega aos vecinos destes aparellos. No caso de que calquera persoa quera ter un composteiros nas súas casas, deberán anotarse no concello e facilitaranlle toda a información necesaria.