ALFREDO // Sede IEM en Gondomar

Este venres, ás 20:00 horas, o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, dará comezo a un ciclo de faladoiros que terá como fío condutor a presenza da muller na sociedade. O acto terá lugar na sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira 10 baixo.

Eugenia Trigo Aza, escritora, doutora en Filosofía e Ciencias da Educación pola UNED (1989) e doutora en Educación Física pola UDC (1999). Galega de nacemento, viaxeira e cidadá do mundo participará con nós tratando o tema ‘Da motricidade humana ao paradigma vida”. Presenta Adela Mirás Calvo do IES Val Miñor de Nigrán.

Con este faladoiro pretendo amosar o camiño da vida que me levou a esculcar en diversas áreas do coñecemento e vivir en distintos contextos socio-culturais, para instaurarme actualmente nunha investigación que nos permita progresar no ser corpóreo como cidadáns do mundo e do universo“.

Un transcorrer que principiou nas aulas de educación física nos anos 70, proseguiu coa formación de mestres en diversas áreas e universidades europeas e latinoamericanas e derivou, na actualidade, en procesos de investigacións que me permiten ver e estar no mundo dende outras ópticas paradigmáticas.“