ALFREDO // Sede IEM en Gondomar

O Instituto de Estudos Miñoráns ofrecerá esta tarde, ás 20:00 horas, o faladoiro ¨Comando da igualdade, a mocidade implicada” por Chis Oliveira, doutora en Filosofía, dentro do ciclo “Presenza das mulleres”.

Será presentada por Pilar Vázquez Fouce, diplomada universitaria en Enfermería e membro do IEM.

O acto terá lugar na sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar.