Dentro do programa #AVeciñanzaConta, este  luns, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, reuniuse coa directiva do Clube Ciclista do Rosal.

O clube rosaleiro está implicado dende hai anos no ámbito deportivo do Concello. Nesta reunión falouse do futuro da asociación, dos próximos orzamentos municipais e nos vindeiros proxectos nos que están inmersos.

Son moitos os nenos e nenas que forman parte dos equipos base, inculcando desde pequenos o esforzo, a paixón e o traballo en equipo. Dende este gran clube saíron grandes profesionais do ciclismo e espéranlle moitos máis éxitos nos vindeiros anos.