O Centro cultural de Baíña, Baiona, acolle este sábado un festival de fin de curso e unha festa da xuventude a favor da protectora de animais Bai.Senpulgas.
Programa
Festival fin de curso:
- Ás 18:00 horas, guitarras.
- Ás 18:10 horas, actuación do grupo Ardelume con percusión, gaitas e panderetas.
- Ás 18:50 horas, actuación de grupos convidados, “Paradela” de Gondomar e “Dando a Nota” de Baredo.
- Ás 19:40 horas, actuación do grupo Giro´s.
- Haberá sorteos, postres, agasallos e unha visita especial de “Star Wars”, “A Guerras das Galaxias”.
Festa da xuventude:
- A festa da xuventude celebrarase na explanada do centro cultural a partir das 22:30 horas coa actuación do DJ Dorman.
