O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a Concelleira Nuria Lameiro, xunto con empresarios da zoa, presentaron este venres as actividades que se realizarán nas Festas Patronais da vila na honra a San Bieito e San Cristovo.
Os festexos celebraránse os vindeiros días 10, 11, 12, 13 e 14 de xullo.
Programa:
O mércores 10 na honra de San Cristovo:
- Ás 11:00 horas, pasarrúas a cargo da charanga Vai de Baile.
- Ás 12:00 horas, caravana automovilística con saída en Vincios.
- Ás 12:30 horas, Misa Solemne e procesión na honra a S. Cristovo. Bendición dos coches no cruce da Rúa Eduardo Iglesias e Elduayen.
- Ás 20:30 horas, verbena a cargo da Orquestra Capitol.
Xóves 11:
- Ás 11:00 horas, xuntanza Cabalar de San Bieito e pasarrúas pola Banda Unión Musical de Guláns.
- Ás 12:00 horas, Misa Solemne e procesión na honra a San Bieito.
- Ás 13:00 horas, concerto da Banda Unión Musical de Guláns.
- Ás 23:00 horas, verbena a cargo da Orquestra Solara.
Venres 12:
- Ás 18:00 horas, pasarrúas a cargo da Charanga Vaite Xa.
- Ás 23:00 horas, verbena a cargo da Orquestra Saudade.
Sábado 13:
- Ás 23:00 horas, verbena a cargo da Orquestra La Nave.
Domingo 14:
- Ás 18:00 horas, festa infantil.
- Ás 23:00 horas. Verbena fin de festas a cargo do Trio Azar.
Todo iso sumado ó Torneo de Fútbol Sala San Bieito IV Trofeo Concello de Gondomar 2019, dende o 8 ao 13 de xullo.
