Onte tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal o acto de gradación da promoción 2018-2019 do alumnado de 4º de Educación Secundaria do CPI Suárez Marquier.

Os 54 alumnos do Rosal festexaron este venres o final dos seus estudos obrigatorios rodeados das súas familias e persoas achegadas.

A Alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, acompañou ao alumnado e desexoulles moita sorte nesta nova etapa que comezan.