O vindeiro martes 25 de xuño, ás 21.00 horas, celebrarase o pleno organizativo no que se asignarán os ámbitos de responsabilidade no concello do Rosal.
Deste xeito, quedarán conformadas as concellerías e tarefas propias de cada membro do equipo de goberno, do seguinte modo:
Alcaldía:
- Ánxela Fernández Callís. Xuntamente coa Alcaldía, asumirá as áreas de Economía e Facenda, Formación e Emprego, Comercio, Participación Cidadá, Comunicación e Transparencia e Novas Tecnoloxías.
Tenencia de Alcaldía:
- Sara Vicente Salcidos dirixirá as áreas de Cultura, Medio Ambiente (Auga, lixo e compostaxe), Agricultura e Montes e Xuventude.
Vías e Obras:
- Germán Fernández Rodríguez asumirá ás áreas de Vías e Obras, Tráfico e Seguridade, Protección Civil e Deporte.
Outras Delegacións Específicas:
- Sabela Rodríguez Jardón ocuparase dos Servizos Sociais, Igualdade e Muller.
- Roxelio Fernández Portela será o responsabel da área de Urbanismo e Persoal.
- Carlos Villanueva Domínguez levará Educación, Sanidade, Transporte e Patrimonio.
- Juan César Paredes Domínguez asumirá Turismo.