A Agrupación Musical do Rosal organiza para este sábado, ás 18:30 horas no Auditorio do Rosal, un Festival de Baile Moderno e Música no que participarán diversos grupos de baile da compañía de danza Community Dancers, dirixidos por Yaiza Barreiro.

Participará tamén o grupo de percusión da Agrupación Musical do Rosal, formado por alumnos da escola de música e músicos da Agrupación Musical do Rosal. “De seguro que non defraudarán o público co repertorio e coreografías que nos teñen preparados”.

As entradas para poder asistir a este evento teñen un custo de 4 € anticipada e 5 € en taquilla. Pódense mercar na oficina da agrupación, no Auditorio (porta lateral). Para máis información ou reserva de entradas porse en contacto nos teléfonos 986.626.311 ou 609.866.79. A apertura de portas do auditorio realizarase ás 17:45 horas.