Sara Uris

Este venres, as 19:00 horas, celebrase na floraría “Las Flores de Rita” de Tui, a segunda edición de «Amoriños» Amores Diversos, que organiza Sara Uris de @Transformando Realidades co gallo da celebración de San Valentín.

Con este acto queren dar visibilidade a todo tipo de diversidade afectiva e fuxir dos estereotipos e clichés que encerran esta data.

Contarase coa presenza de Sara Uris, profesora de Educación Infantil, especialista en xénero e igualdade.

A súa investigación, para o traballo de fin de grado, sobre a infancia trans* permitiulle de primeira man coñecer a realidade que viven as familias cando a transexualidade chama a súa porta.