O Ciclo de Teatro da Deputación de Pontevedra “Tornar ás táboas” chega este domingo ata O Rosal coa obra “A loca historia de Galicia”.

O Auditorio Municipal do Rosal será o escenario de “A louca historia de Galicia” que interpretará Fulano, Mengano e Citano a partir das 19:00 horas para público mozo e adulto. A entrada é libre ata completar aforo.

“A louca historia de Galicia», unha peza para público mozo e adulto, é un percorrido, en clave de humor, a través da historia da comunidade que leva ao espectador por apaixonantes períodos de luz e sombras, que, como destaca a compañía, “fixeron de nós o que somos, ou o que algúns pensan que somos”. “Unha historia –engaden- que demostra que os galegos sabemos rirnos de nós mesmos, e dos outros…”, e que sigue crecendo cada ano.