Dende a Concellería de Igualdade e través do Centro de Información á Muller (CIM), ponse en marcha a nova oferta formativa baixo a modalidade de Formación On-Line. Este tipo de formación baséase nunha metodoloxía flexible coa que xa o Concello leva traballando estes últimos anos.

Ao igual que en edicións pasadas, os cursos serán gratuítos e estarán destinados preferentemente a mulleres empregadas e desempregadas empadroadas no Concello de Gondomar. As prazas serán adxudicadas por orde de formalización de inscrición a través do rexistro do Concello ou da Sede Electrónica, sempre e cando se cumpran cos requisitos e se entregue toda a documentación.

A oferta formativa deste ano será:

  • Procesos grupais e educativos no tempo libre infantil e xuvenil (30h)
  • Xestión de compras e aprovisionamento (40h)
  • Xestión de instalacións deportivas (45h)
  • Xestión básica do almacén (20h)
  • Colaboración na organización de eventos e protocolo (80h)
  • Aplicación de sistemas informáticos no bar e cafetería (30h)
  • Retoque fotográfico (35h)
  • Mobilización de persoas enfermas (80h)
  • Atención e información de viaxeiros/as de autobús (50h)

Só se poderá realizar un curso por persoa e cóntase cun total de 135 prazas. A inscrición deberá formalizarse no Rexistro Municipal ou a través da Sede Electrónica do 10 ao 24 de abril.

Para máis información acudir ao Centro de Información ás Mulleres (CIM), na Casa da Cultura, telfs: 986 389 355 ou 986 360 224, e – mails: aio@concellodegondomar.com e cim@concellodegondomar.com .