Gondomar acolle o I Torneo de Fútbol Gaélico
Turonia Gondomar Fútbol Gaélico

O vindeiro 7 de xullo, no campo das Gaiandas, en Gondomar, terá lugar o primeiro torneo de fútbol gaélico no Val Miñor. Será o momento idóneo para a presentación oficial do Turonia Gondomar Fútbol Gaélico.

Ese mesmo día se dará a coñecer o equipo feminino e o equipo masculino. Na presentación contarase coa presencia do veciño Keltoi Vigo GAC e o Auriense FG de Ourense. Ambolos tres xogaran un triangular con partidos de tempo reducido; para así amosar esta modalidade deportiva aos veciños.

Tamén aproveitarase para presentar a equipación do clube, deseñada con moito agarimo polos membros da directiva.