Asociación Cultural Centáurea

Este “Domingo de Corredoiro” celebrarase o III Certame de Coplas do Entroido organizado pola Asociación Cultural Centáurea, coa colaboración do Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra.

Participarán as comparsas “As Vellas do Taper” de Chaín, “Vacas Molonas” de Borreiros e “Esensias Amorosas” de Peitieiros, actuando como convidadas “Os Tarteiras” de Vigo e “Animodo” de Domaio

A troula iniciarase ás 11:30 horas coa concentración das participantes no campo da Feira. Dende alí sairán en pasarrúas percorrendo Elduayen, Eduardo Iglesias, Manuel Losada e rematando na Alameda, onde a partir das doce do mediodía as comparsas interpretarán cadansúas coplas. 

O acto será presentado e amenizado polos regueifeiros Bieito Lobariñas e Luís Caruncho. Ao remate entregarase un agasallo ás comparsas participantes e o premio á mellor valorada polo xurado.