Percorridos polo patrimonio cultural da vila e Concello de Gondomar de Miñor
Percorridos polo patrimonio cultural da vila e Concello de Gondomar de Miñor

Hoxe preséntase, ás 19:30 horas no auditorio Lois Tobío de Gondomar, o libro » Percorridos polo patrimonio cultural da vila e  Concello de Gondomar de Miñor», de Antonio Soliño  Troncoso e Juan Chamorro  Sanromán, membros do  IEM.

O libro recolle un total de trinta rutas culturais para coñecer os recunchos máis significativos do municipio. Inclúe 61 mapas e 312  fotografias dos distintos tipos de patrimonio tratado.