Gondomar celebró los días europeos de la artesanía
CEDIDA

Por sétimo ano consecutivo, a Asociación Galega da Cerámica e outras Artesanía, organiza, coa colaboración do Concello de Gondomar, os Días Europeos de la Artesanía, no que se celebrará unha feira con demostracións e obradoiros gratuitos para todas as idades.

Baixo o nome de “Mostrafeira Gondomar”, os días 6 e 7 de abril, artesáns e obradoiros esperan a visitantes e curiosos na carpa instalada no Parque de Animas. Nela poderase ver como coas mans elabóranse os artígos que teñen á venda artesáns de distintas disciplinas (cerámica, tala pedra e madeira, coiro, xoiería, textil … e máis).

A carpa situada no Parque de Ánimas, estará aberta nun horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas. A inauguración contará como mestres de ceremonia cos Reguefeiros da Galicia, improvisadores en verso que amenizarán coa súa arte a presentación do evento. Tamén haberá un espectáculo de Debuxo con Area para o que se contará coa colaboración da Deputación de Pontevedra.