ALFREDO // Auditorio Lois Tobío de Gondomar

Dende este luns, e dentro do festival «Primavera Son», o Conservatorio de Gondomar comezou unha semana intensa de masterclass abertas ao público en xeral, cos profesores Paula Colás na especialidade de violín. Este martes continuarán co clarinetista Felipe Agell , e xoves e venres co guitarrista Agustín Lage, e o pianista Emilio Álvarez respectivamente.

O mércores, comezará un ciclo de conferencias a cargo de Roberto Relova, musicólogo e colaborador da revista Codalario e o programa «Instinto clásico» de Onda Cero, nas que abordará o papel da visión da muller na arte baixo o título: «A (de) construción dos grandes persoaxes femininos desde a música, o mito e a historia».

Todas as conferencias serán ás 19:00 horas no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. A primeira conferencia versará sobre a «Metodoloxía e perspectivas desde un estudio artístico», e as seguintes datas terán lugar o mércores 10 de abril, venres 10 de maio e martes 4 de xuño, todas á mesma hora e local.

As actividades do Festival Primavera Son 2019, son completamente gratuitas e abertas a tódolos públicos. Este festival está organizado pola Concellería de Cultura, dirixida por Nuria Lameiro, e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.