A moción presentada por CABE pedindo a inclusión da acometida do sanemento no barrio de A Pedra no Plan Concellos 2018, foi aprobada por unanimidade no pleno de febreiro celebrado o pasado venres en Gondomar.

Dende CABE afirman que debemos de aproveitar esta oportunidade. O Plan de Obras e Servizos 2018-2019 da Deputación Provincial ten como especial novidade nesta edición que se establecen dúas anualidades para a Liña 1 (Investimentos), unha a correspondente ao exercicio 2018 destinándolle alomenos un mínimo do 67,87% ao capítulo de Investimentos, isto supón un montante de 658.195,41 €. E a outra ao exercicio do 2019, cunha cantidade de 697.438,60% que se pode facer efectivo este ano. A suma total das dúas anualidades é de 1.355.195,41€ para investimentos en Gondomar”. 

“O proxecto para o saneamento no barrio de A Pedra está feito e conta cun orzamentado 350.000 euros. As autorizacións sectoriais favorables, e incluso os permisos dos terreos de particulares afectados feita. So está pendente de adxudicarlle os cartos e da vontade política para levalo a cabo”, indican.

Estamos a falar do saneamento dun dos barrios máis singulares que hai no concello de Gondomar e na parroquia de Morgadáns, cun valor histórico e patrimonial inmenso. Unha obra de especial importancia que xa se debeu de acometer a través do Plan de Reequilibrio territorial  feito pola Deputación de Pontevedra a mediados do ano pasado, destinado a subvencionar proxectos singulares e relevantes en concellos de menos de 20.000 habitantes. Non pareceu entendelo así o goberno municipal”.

Dende Gondomar Concello Aberto si nos parece unha prioridade rematar o saneamento integral do noso concello e pensamos que non debíamos de perder, novamente, a oportunidade de facer esta infraestrutura tan necesaria para o benestar dos veciños e veciñas do barrio da Pedra, e para por en valor un dos poucos barrios de alto valor histórico e patrimonial que aínda existen do noso concello,” finalizan dende CABE.