Este luns 23 de abril, Día Internacional do Libro, iniciarase o ciclo de Escola de Pais e Nais coa charla “As emocións nos nosos fillos pequenos” impartida por Óscar Carreño Miniño, psicólogo da Mancomunidade do Val Miñor, na sala de formación da Biblioteca Municipal ás 18:00 horas.

Para os máis pequenos, a mesma hora, organízase un contacontos e obradoiro na Biblioteca Municipal a cargo de Xanotas e Leirotas. A actividade está dirixida a nen@s de entre 3 e 10 anos. As prazas son limitadas polo que é necesario inscrición previa na biblioteca ou enviando un correo electrónica a: biblioteca@concellodegondomar.com antes dos luns 23 ás 14:30 horas.

Ademais comezará a actividade na rúa dirixida a todos os públicos: “O Libro en Movemento” para celebrar O Día do Libro.