Gondomar celebra o “Enterro da Sardiña”

Tal e como estaba previsto, Gondomar celebra hoxe, ás 19:00 horas o tradicional enterro da “Sardiña”no Auditorio Lois tobio de Gondomar; se a metereoloxía o permite, a comparsa do velorio sairá de procesión acompañada por un pasarrúas que amenizará o grupo de gaitas Novos Aires de Couso.

De non ser posible, a actuación e máis a letura do testamento realizarase dentro das instalacións do auditorio.

Tal e como figura nas bases do desfile-concurso de entroido, están convocados como mínimo 10 integrantes disfrazad@s de viuv@s compoñentes de cada unha das comparsas que desfilarán próximamente no concurso de comparsas e carrozas en Gondomar.

As agrupacións de 10 persoas, serán contabilzadas pola organización ao chegar. A comparsa que non se presente, perderá o dereito ao premio de participación.