No pasado mes de marzo, as concellerías de Igualdade, Xuventude, Cultura e Deportes, todas elas dirixidas pola edil socialista Nuria Lameiro; combináronse para deseñar conxuntamente un proxecto pioneiro no Val Miñor e crear O Punto de Igualdade en Vivo, que estará presente nos eventos de xuventude, cultura e deportes programados «a partires de xa mesmo e ao longo de todo este verán».

Para a posta en activo deste proxecto, adquiríuse diverso material de apoio, unH carpa deseñada especificamente para a posta en activo deste plan, que se inaugurará o vindeiro 25 de maio na Clausura das Escolas Deportivas.

Dentro da carpa, o público poderá atopar un stand con material divulgativo específico de promoción da igualdade de xénero, prevención da violencia e sensibilización que estará atendido por persoal especializado en materia de igualdade. Tamén un divertido fotocall corporativo que lle dará un fondo de lembranza de slogans que fican e se interiorizan nas actitudes da cidadanía

Está previsto que nos principais eventos do programa anual, se impartan obradoiros de promoción da igualdade e prevención contra a violencia de xénero. O público destinatario destes obradoiros neste proxecto inicial é sempre o colectivo de mozos e mozas.

“Con esta campaña pola igualdade en Gondomar, evolucionamos o traballo desenvolvido nos últimos anos polos centros educativos, asociacións, e por suposto o CIM do Concello de Gondomar cun traballo complexo e coidado de especial esforzo», sinala NUria Lameiro.

«Non só hai que traballar pola igualdade nos días concretos nos que a sensibilidade contra a violencia se fai máis pública, senón que hai que valora-lo traballo que estamos a facer a diario, os 365 días do ano. Entre os proxecto a corto prazo, está amplia-los destinatarios directos do foco da nosa atención no colectivo LGTBI con accións dentro deste mesmo Punto de Igualdade en Vivo”, explica Lameiro.