Gondomar estrea nova caldeira de biomasa
CEDIDA

O recambio das caldeiras de gasoil por obsoletas e contaminantes nos edificios municipais iniciado o ano pasado pola Concellaría de Medio Ambiente, este luns deu un paso máis coa instalación dunha nova caldeira de biomasa no edificio principal da Casa do Concello, que ademais de dar calor, produce tamén auga quente.

Isto supon un aforro, tanto en termos económicos e sobre todo en termos medioambientais evitando o envio á atmosfera de particulas e gases altamente nocivos para a saúde e contaminantes.

A instalación desta nova caldeira foi posible grazas ás axudas que o INEGA (Consellería de Industria da Xunta de Galicia) vén sacando dende hai uns anos. Esta caldeira a Gondomar custaralle arredor de 5.000€, é dicir o 20% do total que custa a devandita caldeira.