Casa de la Cultura de Tomiño
ALFREDO // Casa de la Cultura de Tomiño

A Deputación de Pontevedra organiza para este mércores, ás 17:00 horas, en Tomiño un taller de estimulación da memoria para persoas usuarias do servizo de Teleasistencia Domiciliaria da institución provincial. Participarán máis de 30 usuarios e usuarias, así coma 10 acompañantes, dos concellos de Tomiño, Oia, Gondomar, Baiona e Nigrán.

A actividade terá lugar no Casa da Cultura de Tomiño. A iniciativa enmárcase no programa de actividades socioculturais para persoas usuarias do servizo de TAD impulsado polo Goberno provincial e que se desenvolve ao longo de todo o ano en distintos municipios da provincia.

O taller da memoria que acollerá Tomiño será impartido pola actual coordinadora do Servizo de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación de Pontevedra. É diplomada en Traballo Social pola Universidade de Vigo e conta con formación específica en Metodoloxía da Intervención Social e do Envellecemento Activo e de Saúde.

Na actualidade, o servizo de teleasistencia domiciliaria da Deputación de Pontevedra atende a un total de 523 persoas de 45 concellos da provincia. Esta iniciativa permite a persoas de avanzada idade ou con algún tipo de diversidade funcional manter a súa independencia e continuar vivindo no seu domicilio con tranquilidade e seguridade, coa consecuente mellora na súa calidade de vida.