Área de autocaravanas de Tui

Nun comunicado de prensa, o concelleiro de comercio e turismo do Concello de Gondomar, Xosé Antón Araúxo, advirte de que o proxecto da Concellería de turismo para a creación dun aparcadoiro de autocaravanas, con orzamento de 64.000 €, elaborado para presentar ao Plan Concellos da Deputación Provincial 2018, foi excluído pola Alcaldía.

Arauxo indica que  cada autocaravana deixa e consume un mínimo de 100€ no comercio local en restaurantes, supermercados, farmacias, etc. “Trátase dun perfil de viaxeiro respetuoso coa natureza e co entorno e de clase media alta”.

“Como exemplo da dinamización económica que xera o sector das autocaravanas podemos poñer o concello galego de  Foz. Alí  os viaxeiros xuntaron todos os tikets das compras feitas durante unha fin de semana. A suma acadaba os 7.800 euros, aínda que non puideran computar o 40% das compras, por falta dos comprobantes”, expón Araúxo.

Asociación Galega de Autocaravanas considera que o grande crecemento do sector en Galicia obedece ao reclamo da paisaxe e da variedade da oferta turística que posuímos. Galicia conta con perto 7.000 autocaravanas rexistradas, cun crecemento anual do 20%. Aumentar tanto a compra como o aluguer, con tres perfís: matrimonios con nenos, mocidade, surfistas e xubilados”, afirma o Concelleiro.

Para Araúxo, Gondomar, é un lugar ideal para acoller un párking de autocaravanas, segundo considera a Asociación Galega de Autocaravanas. Ten un lugar perto do centro da vila, da Policía e dun área fermosa como o Parque da Coelleira.

Co parking Gondomar, poderíamos completar oferta turística da Comarca do Val Miñor, que carece deste tipo de infraestruturas, e sería complementaria a outras interesantes ofertas turísticas que se fan nos concellos limítrofes. Mesmo seríamos un referente en todo o sur da Provincia de Pontevedra, sen alternativas que puidesen concorrer con Gondomar”, asevera.