Este mércores, Día das Letras Galegas, ás 19:30 horas no auditorio municipal Lois Tobío o Concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoráns, a través da concellería de Cultura, homenaxearán a Carlos Casares, miñorán de adopción.
O acto estará amenizado polo grupo musical 2naFronteira (cuxo amplo repertorio incluirá algún poema do escritor celebrado) e dirixido por Marta Dacosta, que irá dando paso a outras actividades, entre as que sobresae a lectura pública de textos do autor homenaxeado.
Cómpre tamén salientar a proxección do vídeo Do Vilariño ao Carlos Casares, elaborado polo alumnado e o profesorado do CEIP Carlos Casares, de Vilariño (Nigrán).
O Conservatorio Elemental de Gondomar inicia os actos de homenaxe esta tarde ás 19:00 horas no Auditorio Lois Tobío, cun concerto adicado ó escritor en colaboración cos alumnos do CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán).
O concerto contará coa estrea da obra «Amemos» para coro e orquestra, con texto de Carlos Casares e Composición de Patricia Goberna.