Co gallo do Día das Letras Galegas que se celebra este mércores, o centro cultural de Baíña organiza varios actos culturais.
Programa:
- De 10:30 a 19:00 horas, exposición fotográfica “Un mar de mulleres”.
- Ás 20:30 horas, proxección do vídeo “Un mar de mulleres”.
Consistente nunha exposición fotografica, un vídeo e un pequeno libriño, promovido polo Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo- A Guarda e co que se quere poñer en valor o traballo das mulleres no mar.
- A partires das 19:00 horas, concerto homenaxe dos alumnos do centro cultural a Carlos Casares.
- Alumnos de guitarra.
- Alumnos de cato e pandereta.
- Alumnos de gaita e percusión.