A Concellería de Deportes do Concello de Gondomar, dirixida pola Concelleira Nuria Lameiro, clausura este sábado, a partir das 17:00 horas no Pavillón Bernabé Costas de Miranda, as Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra e as Escolas Municipais curso 2018/2019.
Participarán nenos nas seguintes disciplinas e nos seguintes horarios:
- Tenis de mesa 17:00 h.
- Balonmán 17:10h.
- Tenis 17:30 h.
- Baloncesto 17:50 h.
- Taekwondo 18:10.
- Fútbol 18:30 h.
- Patinaxe artístico 19:15 h.
- Iudo 19:35 h.
Contarase coa participación neste evento cos Clubes de Patinaxe Artístico Eixo Gondomar e Clube de Patinaxe Artistico Gondomar, recentemente galardonado coa Medalla de Prata no Campeonato Europeo de Patinaxe Artística Show, e que no vindeiro mes de xullo participan clasificadas no Campeonato do Mundo en Barcelona.
Como xa se ten anunciado, neste evento da inicio a andadura do proxecto pioneiro de Igualdade en Vivo, no que as concellerías dirixidas pola edil Nuria Lameiro Valverde, traballan en transversalidade tendo ao frente ao Departamento de Igualdade.
Activarase este programa cun obradoiro de sensibilización contra a violencia de xénero, orientado ao colectivo familiar e infantil para integrar con crecemento progresivo o Plan de Sensibilización activado neste concello.