Biblioteca municipal de Gondomar
Biblioteca municipal de Gondomar

Co espectáculo 4.0 Maxia para tod@s, do mago Pedro Bugarín, o Concello de Gondomar arrinca esta fin de semana un programa de actividades, que se desenvolverán nas próximas semanas, co que se busca fomentar o hábito á lectura fortalecendo do papel que desempeñan as bibliotecas no logro deste obxectivo.

Sobre o escenario do Auditorio Municipal Lois Tobío, este sábado a partir das 18.00 horas, grandes e pequenos poderán gozar de xogos de ilusionismo onde, sempre dende o humor, búscase destacar que a lectura, os libros e todo o que neles recóllese, son necesarios e divertidos para o desenvolvemento persoal.

Por iso Pedro Bugarín presenta un espectáculo que reúne maxia tradicional con xogos 3.0, ilusionando co “máis místico da literatura clásica e o máis moderno das tecnoloxías”. Esta actuación enmárcase dentro do programa Ler conta moito, promovido pola Xunta de Galicia, para dinamizar a lectura nas bibliotecas.

Desta forma búscase convertelas nun espazo no que a través de actividades de distinta índole achéguese a lectura á cidadanía, prestando especial atención aos máis pequenos. Ao mesmo tempo promóvese acabar coa visión xa caduca das bibliotecas como centros de estudo ou de préstamos de libros, converténdoas en espazos abertos con capacidade para atender os intereses de diversos colectivos.

Unha idea na que coincide o goberno municipal de Gondomar que, a través da súa concellería de Educación, desenvolverá nese sentido un total de sete actividades durante o mes de outubro dentro do programa Ler conta moito. Ciencia divertida, contacontos, achegamento ao mundo de reciclaxe ou música, son algúns dos formatos que se elixiron para que gocen as máis pequenos da biblioteca e todas as historias que nela pódense achar.