Concello de Gondomar
ALFREDO // Concello de Gondomar.

O goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante sendas resolucións presidenciais, dúas achegas para o concello de Gondomar por un valor total de 93.491,71 euros, pechando así o Plan Concellos deste ano.

En concreto, 47.804,68 euros serán destinados á pavimentación do camiño do cemiterio de Mosteiro e outros 45.687,03 euros van financiar a pavimentación da estrada de Vilarés (Vilaza) e da Pista do Castelo (Chaín).

No ano 2019 a institución provincial pon a disposición de Gondomar ao través do Plan Concellos un total de 1.003.879,76 euros, un 3,5% máis que no 2018.