O alcalde de Gondomar, Paco ferreira, e concellería de Cultura, en colaboración ca asociación “O faiado da memoria”, a cargo de Antonio Caeiro, poñen en marcha conxuntamente un programa de recuperación de fotografías antigas do municipio.

A citada asociación cumpre xa dez anos de traballo exhaustivo na recompilación de fotografías, películas, etc., de Gondomar; por iso é polo que, a concellería de Cultura aproveitase de todo este esforzo de anos que Antonio Caeiro levo a cabo, e conxuntamente poñen en marcha este proxecto, que entre outras cousas consiste en varias exposicións fotográficas unidas dun ciclo de conferencias onde interveñan os propios retratados, a elaboración dun álbum dixital e en papel da recompilación de todo o material solicitado para goce de todos os que estean interesados.