Plan Revitaliza

Gondomar repartiu este sábado máis de 100 kg de compost (137kg para ser exactos) e tivo unha acollida escepcional entre o publico, até o ponto que xa teñen peticións de veciños da Urbanización Miñor; da Praza. Rosalía de Castro e da zona das Ánimas para que o Concello instale novos composteiros comunitarios neses barrios.         

A compostaxe é unha opción irreversible, por sustentabilidade medioambiental, por economía (aforro) ás arcas municipais, e tamén por un imperativo da Unión Europea que no 2.020 hai que compostar entre o 40% e o 60% da materia orgánica que producimos nos nosos fogares.