FOTO PROXECTO RÍOS

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

A XI Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrarase este próximo domingo día 30 (como é tradición o último domingo de setembro), en máis de 50 concellos de toda Galicia, onde participan moitas entidades de diferentes ámbitos (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…) e tamén concellos que organizan directamente esta actividade.

A limpeza de ríos chega en Gondomar a novena edición, onde o longo destes anos centos de voluntarios retiraron máis de 10 toneladas de lixo de diferente procedencia, nomeadamente nos treitos finais do Zamáns e Morgadáns e no comezo do Miñor. No 2015 comenzouse a retirar tamén algunhas plantas invasoras dos camiños anexos.

A cita será diante do antigo matadoiro de Gondomar para comezar as 10:30 horas, ata aproximadamente as 13:45 horas. (Teléfono de información 627 27 68 16)

Dende a organización fan un chamado o pobo en xeral de Gondomar e a rapazada e adolescentes en particular, para que se acheguen e participen desta festa da limpeza e o coidado dos nosos cursos fluviais.

A concellalía de Medio Ambiente do Concello de Gondomar, un ano máis, participa activamente na organización deste acto aportando lubas, sacos e diferente material que facilita a recollida do lixo e a posterior retirada dos residuos.

Os actos deste ano o redor dos nosos ríos non rematan coa limpeza; a concellalía de medio ambiente está preparando un concurso fotográfico o redor dos cursos fluviais de Gondomar. En breve colgará toda a información e as bases na páxina web do concello