o club Andatui organiza unha andaina no Parque Nacional Peneda – Geres
Sistelo

O club Andatui organiza, o sábado 20 de outubro, unha andaina no Parque Nacional Peneda – Geres, será a travesía desde a Peneda ata a Sistelo.

A ruta, duns 22 quilómetros con dificultade alta, comezará no santuario da Peneda con finalización na freguesía de Sistelo, elixida esta en setembro de 2017 como unha das 7 maravillas de Portugal na categoría de Aldeas Rurais, e en decembro do mismo ano o Goberno de Portugal aprobou un decreto clasificando os seus socalcos como Monumento Nacional en Paisaxe Cultural.

Toda a información, tanto para facer a ruta como para inscribirse atópase na web Andatui, sendo o mércores 17 de outubro, ás 12 da noite, a data límite para inscribirse.