Rosalía de Castro
Rosalía de Castro

Este sábado, o público guardés ten unha cita importante para coñecer un pouquiño mais sobre a vida da poetisa galega.

O espectáculo de monicreques A viaxe de Rosalía, que se representará o sábado ás 19.30h. no Centro Cultural, nos achega á vida de Rosalía de Castro contada pola súa madriña Francisca do Campo, a quen lle gusta lembrarnos como aquela meniña que ela coidou foise convertendo pouco a pouco nunha muller culta, traballadora, valente e que interpretou como ninguén un tempo histórico na súa Terra.

Aquela meniña algareira que Francisca coidou foise convertendo pouco a pouco na escritora que deixou unha pegada imborrable pola súa calidade literaria e un fondo de verdades profundas por fin sacadas á luz.