Un jabalí muerto en un accidente de tráfico en el vial que une A Guarda con Goián

O Pleno da Corporación da Guarda aprobou por unanimidade a moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego sobre a prevención, control e corrección dos efectos que provoca o xabarín na Guarda.

O acordo plenario insta á Consellería de Medio Rural a que adopte políticas que regulen un censo sostíbel do xabarín na Guarda. Tamén que se apliquen fórmulas encamiñadas a minimizar a acción do xabarín en zonas de alta sensibilidade como o Monte Trega ou o Esteiro do Miño.

Para o BNG este problema non para aquí, o acordo plenario é moi importante, pero imos levar esta situación ao Parlamento galego para que a Xunta escoite directamente cales son os problemas que están a xerar o xabarín na Guarda”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG afirman que “a pesar das batidas realizadas seguen a verse xabaríns polas estradas xerando situacións serias de perigo, polo que máis que nunca é necesario adoptar medidas claras para solucionar este problema sen que ter que acabar lamentando algunha desgraza”.