Convivir Deportivo

O Club Balonmán Atlético Guardés será protagonista dunha nova entrega do programa da Radio Galega ‘Convivir deportivo’, dirixido por Alfonso Pardo.

A gravación será este venres ás, 17:00 horas no Centro Cultural de A Guarda, con entrada de balde e terá moitos protagonistas, entre eles o fundador do club, José Carlos Barros, ou o actual presidente da entidade, José Manuel Silva.