fachada primeiro de marzo Baiona
ALFREDO

O ANPA Balcaxia do Primeiro de Marzo remite unha nota de prensa no que se indica o siguente:

O pasado venres 1 de febreiro no IES Primeiro de Marzo unha parte da cuberta desprendeuse por causa do forte vento e os alumnos e alumnas tiveron que abandonar as instalacións de un en un e escoltados por efectivos da Policía Local de Baiona, a Garda Civil e o GES Val Miñor para evitar incidentes por risco de máis desprendementos.

Unha vez que confirmamos coa Dirección do Instituto que non houbera danos as persoas e, coa lóxica preocupación como ANPA, interesámonos polos feitos acontecidos co obxectivo de que o luns seguinte os nosos nenos e as nosas nenas puidesen asistir ao centro sen risco algún para a súa saúde garantindo o funcionamento normal das clases.

Así, este luns, 4 de febrero, mantivemos unha reunión coa Dirección do Centro e comunícasenos que existen notificacións, dende fai máis dun ano, á Consellería de Educación alertando do deplorable estado da cuberta do centro co grave risco que isto conleva para os alumnos e alumnas e solicitando o seu arranxo aportando incluso un orzamento para a realización das obras. Coméntannos tamén que poñen en coñecemento ao Alcalde do Concello de Baiona desta problemática. Todo isto era descoñecido para nós, xa que, ata hoxe, ninguén nos comunicara nada.

Asistimos contrariados que só se estean a realizar obras de reacondicionamento dos pedazos de chapa que se desprenderon e dos que, sen desprenderse totalmente, quedaron danados.

Por iso, e ante esta gravísima irresponsabilidade da Consellería de Educación coa complicidade do Concello de Baiona, a Dirección do ANPA Balcaxia Primeiro de Marzo esiximos á Consellería de Educación da Xunta de Galicia que acondicione de inmediato a cuberta do centro IES Primeiro de Marzo de Baiona ante o serio risco para a saúde dos alumnos e alumnas.