A moza guardesa Henar Alonso vén de gañar o concurso de deseño da camiseta do Día das Letras Galegas 2017 de Tomiño.
Dende o Concello de Tomiño agradecen a participación de todalas persoas, que presentaron propostas de ilustración.
Este ano a elección do deseño da camiseta do día das letras foi moi difícil. Pero o modelo de Henar foi o que acadou máis votos.