A Comisión de Festas Santiago e Santa Ana de Parada, Nigrán, organiza este domingo, no local social da parroquia, unha homenaxe as persoas maiores da parroquia.

Neste acto, os asistentes poderán degustar un xantar composto de empanada, merluza a romana, xamón asado, postre e bebida, a un prezo de 15€.

No transcurso do xantar, farase entrega duns agasallos a todas as persoas con mais de oitenta anos de idade, tamén haberá unha actuación musical para amenizar a sobremesa.

Con esta iniciativa, a Comisión de Festas pretende que a xente que se coñece “dende sempre”, pero por circunstancias diversas, levan anos sen verse, teñan a oportunidade de facelo de novo, é así rememorar tempos e anedoctas pasadas, e como non, botar unhas “parrafadas”.

A Comisión conta neste acto coa colaboración do Concello de Nigrán. Os interesados, poden inscribirse no local da comisión ou no telefono 678 45 22 34.