A V Gala do Deporte terá lugar este sábado ás 20.00 horas no Auditorio de Goián.
Como novidade desta quintaedición, ofertarase unha fantástica ”Xornada Multideporte” gratuita para a infancia, onde os nenos poderán practicar bádminton, tiro con arco, tenis de mesa, judo, petanca, etc., de 17.00 a 20.00 horas no pavillón polideportivo de Goián, situado xunto ao auditorio.
A Concellería de Deportes agarda contar coa presenza de colectivos, asociacións, clubs e público en xeral, para render homenaxe a todas as persoas deportistas tomiñesas, e premiar a aquelas que destacaron neste último ano.
Ás 20.30 horas será a Gala de Deporte, presentada por Terio Carrera, actuacións de Pepo Suevos e un grupo de danza local.
Como en anos anteriores, entregaranse diferentes premios elixidos polo xurado, como por exemplo:
- Mellor entrenador ou club base
- Premio á igualdade no deporte
- Afán superación
- Empresa colaboradora co deporte.
- Premio adicado a unha persona que estivo moi vencellada ao deporte durante moitos anos.
- Pecharán a gala os premios aos deportistas con maior proxección deportiva e o premio aos mellores deportistas masculino e feminino absolutos.
