Este domingo, a partir das 11:00 horas, o Café Keik de Gondomar acollerá o «I Encontro da Mocidade”.

O «Encontro» pretende reunir á xuventude do Val Miñor nun acto público aberto, con faladoiros, música, arte, deportes, cultura, ocio e formación, contando coa presenza de TradiSón e AMEVA en concerto.