LGTBI

Este venres, 17 de maio, foi o Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia, unha loita aínda fundamental debido ao retroceso que estamos experimentando.

«O avance da extrema dereita, que pretende eliminar dereitos conquistados, e a desatención das persoas LGTBIQ+ nas políticas do estado durante os últimos anos, son indicios de que aínda queda moito por facer», aseguran dende MM.

«Dende Manifesto Miñor estamos comprometidos coa igualdade e coa diversidade, de modo que queremos poñer as políticas LGTBIQ+ no centro do debate para as vindeiras eleccións municipais. Por iso, este sábado, ás 17:00 horas no auditorio de Nigrán, organizamos un acto comarcal sobre municipalismo, diversidade e políticas LGTBIQ+ para falar das necesidades das persoas queer na Comarca e presentar algunhas das nosas propostas para as vindeiras eleccións locais«, explican.