O vindeiro venres 24 de novembro ás 20:30 , o IEM acollerá  a obra  “De A a X”. Unha peza de teatro contada en cartas de John Berger. Unha historia de amor e resistencia.

O acto terá lugar na sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira 10 baixo, Gondomar.

Xela Marx e Fiona Battersby convidan a compartir a escritura deste poeta, humanista, activista que deixou este mundo no comezo do ano.

Nas súas palabras:

Cada ser é de máis breve de todas as cousas. Todo o mundo é todo o mundo; e a única cousa que nos frea nese coñecemento, é este ego que é mortal