A Asamblea de Mulleres de Galiza Nova do Baixo Miño organiza este venres na Sala Cemit da Área Panorámica de Tui, unha proxección da película francesa de animación “Persépole”, baseada na novela gráfica homónima de Marjane Satrapi, con posterior coloquio.

Neste acto búscase achegar outras visións do feminismo mais aló do mundo occidental, por sobre a mesa a necesidade de coñecer a loita feminista desde perspectivas culturalmente distintas pero igual de válidas e necesarias.