O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) e o concello de Gondomar, a través da concellería de Cultura, homenaxearán a María Victoria Moreno.

O acto contará coa presenza da escritora Iria Misa e o escritor Miguel Anxo Mouriño, ambos os dous vinculados a Gondomar, e estará amenizado polo grupo musical Xardín desordenado que interpretará pezas do seu último traballo, “A vitoria da luz”, baseado en textos de María Victoria Moreno.

No acto leranse poemas de María Victoria Moreno por parte de alumnas e alumnos do CEIP Neira Vilas e o IES Pl. Terra de Turonio, para lembrar a importancia da escrita para os máis novos e novas que foi tarefa central da escritora homenaxeada este ano.

O acto comezará ás 19:30 horas na Praza da Paradela, fronte ao concello de Gondomar.