“O vindeiro sábado, día 19 de maio terá lugar a proxección do documental “Vigo 1972” no auditorio Lois Tobío de Gondomar ás 19:00 horas.

A película narra a folga xeral de 15 días de duración que converteu á bisbarra de Vigo no centro de atención a nivel estatal e europeo, poñendo en xaque ao réxime franquista e contribuíndo significativamente ao desgaste e fin do mesmo.

O acto, organizado polo Partido Comunista de Galicia, contará coa presenza de Roi Cagiao, director do filme, e de Waldino Varela, un dos organizadores da folga de setembro do 72. Ao remate da proxección terá lugar un coloquio. A entrada é de valde.