BANDALLO // O director do IEM, Xulián Maure, na presentación dos faladoiros

O IEM, Instituto de Estudos Miñoranos, comeza o ano con faladorios que levarán por título «Galicia 2017-2020» e que darán os catro voceiros parlamentarios dos catro partidos con representación no Parlamento de Galicia, BNG, PP, PSOE e En Marea.

Queremos que o Val Miñor sexa a primeira comarca de Galicia que reúna a falar nunha tertulia aos catro voceiros parlamentarios e que nos expliquen como van levar a cabo o que prometeron dentro do seu programa político”, explicou o director do IEM Xulián Maure e recalcou que “tamén queremos que os asistentes os faladoiros debatan entre eles sobre os problemas do Val Miñor”.

Os faladoiros serán os seguintes:

  • Ana Pontón (Bloque Nacionalista Galego) -13/1.
  • Xoaquín Leiceaga (Partido Socialista de Galicia) -20/1.
  • Luís Villares (En Marea)-27/1.
  • Pedro Puy (Partido Popular) -3/2.

Serán presentados respectivamente por Sandra González (Alcaldesa de Tomiño), Paco Ferreira (Alcalde de Gondomar), Antón Araúxo (Tenente Alcalde de Gondomar) e Ángel Rodal (Alcalde de Baiona). Moderará as xornadas Xaime Lugilde (Licenciado en Dereito).

O contido das xornadas tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de: Sector primario e secundario, Lingua e Cultura Galega, Demografía, Servizos Sociais, Orzamentos e Galicia no Estado Español.

As xornadas desenvolveranse na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo nas datas indicadas e ás 20:00 horas.