A partir do vindeiro domingo 14 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.

Co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar e organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns, ten como obxectivo fomentar e coordinar actividades dirixidas a potenciar tanto a creatividade teatral como a representación.

A programación constará dun total de cinco pezas teatrais interpretadas por Bertorella, A xesta vermella, Pritis- Guomis, A Moura e Os cabalos rosas brincan no patín.

A entrada será gratuíta e para todos os públicos.

Programación

Domingo 14 de xaneiro- 18.00 horas.

  • Os pintores clónicos representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 20 de xaneiro- 20.30 horas.

  • Pola culpa de Gayoso, representada por A xesta vermella de Borreiros.

Domingo 21 de xaneiro- 18.00 horas.

  • Pataclown, representada por Pritis- Guomis de Gondomar.

Sábado 27 de xaneiro- 20.30 horas.

  • Tecendo mentiras, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 28 de xaneiro- 18.00 horas.

  • O espantallo, representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.