Andaina

En conmemoración dos 15 anos da apertura da Ponte Internacional da Amizade, entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira, a Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza a II Andaina do mesmo nome, o domingo 16 de xuño de 2019.

A proba terá unha duración estimada de 2.30 horas e transcorrerá por terras de ambas as localidades transfronteirizas. Cunha dificultade media-baixa, sairá ás 10.00 horas (hora galega) desde o Espazo Fortaleza de Goián, para seguir por Eiras, Ponte da Amizade, Lenta e INATEL, e regresar polo Ponte da Amizade ao Espazo Fortaleza outra vez.

A inscrición é de balde. Só hai que enviar nome e apelidos, número de DNI, data de nacemento e teléfono ao seguinte correo electrónico: geral.manos.sa@gmail.com, antes do 13 de xuño.