Gondomar acolle o I Torneo de Fútbol Gaélico
Turonia Gondomar Fútbol Gaélico

O día 15 de xuño no campo das Gaiandas, en Gondomar, terá lugar o segundo Torneo de Fútbol Gaélico no Val Miñor.

Será o momento idóneo para celebrar o fin da primeira participación do Turonia G.F.G. na Liga Galega, tanto masculina como feminina.

Contarase coa presencia dos equipos masculinos Herdeiros de Dhais (Lalín) e Cambados FG. En canto aos femininos, estarán en Gondomar, o Auriense FG de Ourense e un combinado de xogadoras dos diferentes equipos da Liga Galega. Se xogará un triangular (tanto femimeno como masculino) con partidos de tempo reducido.

Este ano, como novidade, xogarán un partido os rapaces do instituto Terra de Turonio; como parte do proxecto de consolidación deste deporte na comarca. O torneo rematará cun concurso de tiro a paus entre tódolos xogadores que así o desexen.

Como broche de ouro, despedirán a tempada no val, celebrando un 3º tempo no campo con precios populares; amenizado polas actuacións de “Os Carunchos” e “Leo Arremecaghona”.

O torneo comezará ás 17:00 horas e o 3º tempo sobre as 20:30 horas.